Blogia
DESEÑO

Cartel PP autonómicas 2005 Valla

Hoxe reparei na valla publicitaria do PP e a collas por onde a collas xera discusión. O primeiro co que discutin foi con assaulter.
1- Porqué non aparece Fraga? Eu creo que porque non ten imaxe, xa conseguiron chamar a atención co cartel dos retoques e agora prefiren resgardar o seu lider
2-porqué fan un lema que poida ser tan facilmente contestado non soo polos outros partidios se non por calqueira cidadan? MAIS... mais paro, máis corrupción. Parvos non son asi que na miña opinion e unha estratéxia para desacreditar a oposición. Razon? as opitadas sobre os carteis proliferearan como setas e os ppros diran que é obra dos outros partidos que vense avocados a iso pois non teñen outra saida.
3- de que lles serve deixar que os ataquen? pois e sabido que en tempo de guerra o pais unese contra o inimigo.. que mellor que unha "guerra" para unir a toda a dereita entornno a Fraga?

Esta e a miña opinión.. a vosa e?

2 comentarios

morales -

eu creo q irán por etapas. agora porán estos, e xa entrada a campaña electoral porán o da foto. simplemente

max estrela -

pois sim, o cartaz eleitoral da moito para dizer...

o primeiro que mais chama a atençom é a auséncia do candidato Fraga, acho que por raçoes obvias: a súa falha de "fotogenia" (por dize-lo de alguma maneira).
En segundo lugar, o desenho da tipografía amarela sobre fondo entrelaçado e moderno, coma um circuito electrónico, suponho que pretende chegar aos seitores mais novos da sociedade.

Mais nada polo de agora.
Tam só desejar-lhe ao candidato Quintana muita sorte de cara ás eleiçoes.

HAI QUE BOTALOS!!!!